Todo isto xa pasou…

… e volverá a pasar. Novo acercamento ao mundo blog, ás crónicas dun camiño difuso, sen obxectivo aparente nin distancia focal definida. Tampouco desta sei se irá para largo ou se o pecharei en falso, a traición, sen despedida nin eutanasia. Non quero obrigas, nin propósitos de ano novo. Non hai máis compromiso que falar cando queira e calar cando o necesite. Pero entre palabras e silencios, espero encontrar a memoria do presente, o reflexo do espello roto, que é sempre o que mellor nos representa. Xa o dicía Pratchett, «é certo que a vida pasa ante os nosos ollos antes de morrer. A iso chámanlle Vida». Contemos logo a Vida e vivamos para contala. 

Benvida a todos.

Benvida para min tamén.

E a pasalo ben.

This entry was posted by Xoán on Sábado, Decembro 26th, 2009 at 03:48 and is filed under Portada, Presente. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

¿Que opinas?

Creative Commons License
Crónicas de Oz ten unha licenza Creative Commons Attribution 3.0.
Baseado no tema Goodstream para Wordpress