¿Soft-porno con happy end no metro de París?

O París actual sería inconcebible sen o seu metro, xa non dende un punto de vista loxístico, senón puramente identitario. Si, pode estar sucio, cheirar mal e dar mala espiña a según que horas e que estacións, pero se os alieníxenas quixeran cargarse París de verdade (e non simplemente impresionar a Hollywood) non derrubarían a Tour Eiffel, cargaríanse o seu metro.
En todo caso, xa falaremos en exclusiva do metro, pero falemos das señoritas de arriba, que parecen directamente saídas do fondo de armario dunha videoteca de gasolinera ou da casa de veraneo de Hugh Heffner. Estas alegres señoritas levan toda a semana enchendo os pasillos do metro, con carteis xigantes pululando por todas as estacións alegrando a vista do respetable masculino. ¿Curiosidade por coñecer o título da película?

(Para os interesados polo texto: Do 10 de abril ao 2 maio, Salón do Matrimonio. Traxes de voda e cerimonia. Galerías Tomy)
¿Será unha estratexia para convencer aos homes das bondades do matrimonio?
Etiquetas: metro, París, publicidade






