Achégase o Inverno (I)

«Nunha terra onde as estacións duran décadas,
o verán chega ao seu final»


Como se pode ver dende o propio ‘non-blog’ de George R. R. Martin, a HBO dá luz verde a ‘A Game of Thrones’ a ansiada adaptación de ‘Song of ice and fire’. Tamén se anuncia que a primeira tempada terá 10 episodios, incluído o piloto que se gravou no 2009. Que alguén me corrixa pero creo que de momento, a de arriba é a única imaxe do piloto que se trascendeu, correspondendo ademais a unha das primeiras páxinas do primeiro libro da saga.

Sigo pensando que tentar levar ‘Song of ice anda fire‘ á televisión roza coa megalomanía, pero en fin, tamén pensaba que non serían capaces de adaptala correctamente e o que trascendeu o piloto resulta impecable; pensaba que non darían cos actores axeitados e o casting final é -a priori- do mellorciño que se viu nos últimos anos, con Sean Bean/Boromir á cabeza*. Finalmente, tamén pensaba que despois das perdas provocadas por ‘Roma’ a HBO non se volvería a embarcar nun proxecto tan salvaxe, e xa vedes…

Se consiguen unha boa adaptanción decente, cun equilibrio entres custos e calidade, entre a fidelidade aos libros e o interese telesivo, ‘Xogo de Tronos’ pode ser para a ficción fantástica o que ‘Roma’ foi para o peplum. Agora só falta que George R. R. Martin consiga rematar o próximo libro da saga antes de que a comida basura acabe coas súas arterias. Se non me equivoco, ‘A dance with dragons‘  tiña que ter saído xa no 2007. Co boom que pode haber, non me extrañaría que Martin ‘espabilara’ de repente e conseguira telo listo para a estrea da serie. Non me chamedes malpensado…

________________

*Estimados lectores frikis, abstéñanse de facer máis spoilers que ese :P


Etiquetas: , ,

This entry was posted by Xoán on Mércores, Marzo 3rd, 2010 at 00:03 and is filed under Arte, Futuro, Imaxe, Portada, Vista. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

Un comentario

  1. TANTO TEN di:

    MALPENSADO!!!!!!

    De feito, tal e como vai a cousa, empezo a pensar que non vai dar feito antes de que a HBO comence a emitir…dis que segue nevando….

¿Que opinas?

Creative Commons License
Crónicas de Oz ten unha licenza Creative Commons Attribution 3.0.
Baseado no tema Goodstream para Wordpress