Adeus ao sinal de Nouvel

Hai un par de anos escribía no Galiciae que o seu proxecto para La Défense, o distrito financeiro de París, se impoñía aos de Libeskind, Wilmotte, Ferrier e, moi especialmente, á ‘baguette’ de Norman Foster.

Todo iso queda agora en nada, despois de que o propio Nouvel anunciara hai uns días no MIPIM de Cannes que non conseguiu a financiación necesaria para levantar a Tour Signal. Despois de que se caera do proxecto o grupo español Medea, principal socio de Nouvel nesta aventura, o francés buscou a solución en Qatar e Kuwait, sen éxito.

A Tour Signal ía ser o gran emblema da renovación de La Défense, un proxecto lanzado por Sarkozy no 2006, cando aínda era ministro, e que quería ser o rostro ecolóxico e ‘amable’ do barrio máis capitalista de París. Curioso que a súa caída coincida coa derrota da Dereita nas eleccións rexionais e co consecuente abandono do discurso máis verde de Sarkozy que non foi capaz de rentabilizar ante o seu eleitorado máis tradicional.

Dous apuntes colaterais a esta noticia:

(I) ¡Moito me gustan os proxectos ‘malditos’ de Nouvel! Esta cancelación da Tour Signal lembroume a reportaxe de Arturo Losada que saiu precisamente o día no que nacía Galiciae, e que analizaba os proxectos descartados para a Cidade da Cultura. O seu ‘Raio de Luz‘ que atravesaba o Gaiás foi sempre o meu preferido. A favor de Einsseinman hai que dicir que a súa maqueta era a máis impresionante…

(II) Xa que falo do MIPIM, un colega que puido ir a esta importante feira inmobiliaria coméntame que a recuperación se ve aínda moi lonxe para o sector español. Pouco cava ou champagne nos stands das empresas e institucións do país, ao contrario do que ocorría nos dos seus veciños europeos e árabes. Outro mal sinal.

Etiquetas: ,

This entry was posted by Xoán on Venres, Marzo 26th, 2010 at 00:58 and is filed under Arte, Futuro, Portada, Vista, Zeitgeist. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

¿Que opinas?

Creative Commons License
Crónicas de Oz ten unha licenza Creative Commons Attribution 3.0.
Baseado no tema Goodstream para Wordpress