Malas terras

A ver se animamos un pouco este luns de infinita pereza.


.

.

Con este inauguramos unha serie de posts coas miñas cancións predilectas de Springsteen. Si, xa sei que é un pesado, pero eu tamén. «Badlands» nin é a mellor nin a miña preferida, pero si unha gran canción para poñerse as pilas un luns pola mañá. Un temazo alumbrado na cúspide da época dourada do Boss, aquela gran colleita do 78 que nos deixaría Darkness on the edge of town. Un himno -como outros temas daquel disco- que trala xira de reunificación coa E-Street Bando de 1999-2000 soa máis vitaminado, áspero e contundente. Tamén máis intenso.

FICHA GROUPIE
Título: Badlands (tocada en directo no Madison Square Garden, durante a xira de reunión do 2000. Sacado do CD-DVD «Live in NYC»)

Disco orixinal: Darkness on the edge of town (1978)
Cita preferida: «Poor men wanna be rich, rich men wanna be kings, and a king aint satisfied till he rules everything».
Comentario gafapasta:  Springsteen sempre se apoiou na mitoloxía e grandes iconos reflexadas polo cinema estadounidense. «Darkness…» é un bo exemplo disto, abrindo con Badlands, toda unha homenaxe á película de Terence Mallick (1973) protagonizada por Martin Sheen e Sissy Spacek.
Atención a: Factor elevado de «woooo-ooooo-woooooh’s»

Etiquetas: ,

This entry was posted by Xoán on Luns, Febreiro 8th, 2010 at 08:39 and is filed under Música, Oído, Portada, Presente. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

¿Que opinas?

Creative Commons License
Crónicas de Oz ten unha licenza Creative Commons Attribution 3.0.
Baseado no tema Goodstream para Wordpress