Corporate occult: náusea adictiva
Hai varias semanas que anda rulando por aí, da mal yuyu a música é bastante infamous e, dende logo, non é apto para estómagos sensibles, pero este vídeoclip dirixido por Cédric Blaisbois engancha, sobre todo a segunda metade. Como mínimo, o estilo entre Chris Cunningham e David Cronenberg e os toques de porno-gore e horror chic/choc non deixan indiferente. Eu xa o tiven que ver varias veces e non foi (só) pola parte de sexo…
Recomendables tamén outros traballos de Blaisbois como Flesh (¿cousa miña ou este ten un homenaxe claro a ’2 girls, 1 cup’?).






