Do metro de París ata a Estrella da Morte

Hurbert de Lartigue é un frikazo que con toda a paciencia do mundo foi quen de recrear o famoso X-Wing de Star Wars cun billetes de metro de París, toda unha pequena obra mestra digna de varias estrelas na escala ‘Mwahahaha!‘, sobre todo se sumamos que na ecuación tamén se suna o número áureo, outro ‘sospeitoso habitual’ do mundo geek. Con razón pode estar orgulloso do resultado (aínda que se pasa un chisco de entusiasmo):
«Teño a impresión de ter feito unha pequena obra de arte, de feito téñome preguntado se os billetes de metro non terían sido deseñados para que me poidera servir deles no meu traballo. As súas proporcións e incluso o seu deseño participan na obra. En definitiva, redescubín o número aúreo nun billete de metro. Sen coñas, creo que hai aquí un gran misterio…» (Hubert De Lartigue)
Na súa web de pódese ver un tutorial de como completou a súa obra. No meu caso, teño un certo síndrome de Dióxenes billetísicto, e sempre me da cousa tiralos despois de usalos así que supoño que seguirán acumulándose no peto da chaqueta ou dos pantalóns infinitamente. Ou se cadra, anímome este verán a montar unha Estrela da Morte papirofléxica..
.
Vía: Gizmodo ES
Web: Hubert De Lartigue







That’s way more clever than I was eptxecing. Thanks!
iP5wVH uvzxozbamacz
nTEDfd cblkaffqjfoz