Memoria do presente

O pasado venres inaugúrouse no Museo do Pobo Galego ‘Ao pé do lar, memorias de cociña’, unha viaxe polos 2.000 anos da gastronomía galega e da cociña como espazo doméstico, que será unha das grandes actividades relacionadas co Fórum Gastronómico de Compostela.

Durante meses, un equipo capitaneado por Manolo Gago pateouse Galicia para rescatar do corazón das aldeas, das lareiras, dos mosteiros a memoria viva do noso I+D gastronómico, de como naceu e se fixo forte unha das cadea que nos une ata hoxe como pobo.

O epicentro estará no Museo do Pobo Galego, coas fotos de Soledad Felloza e Maribel Ruiz de Erenchun,  pero a expo trascenderá de alí con actividades orixinais que Manolo Gago xa explica con detalle en Capítulo 0 e que podes consultar tamén na web. Receitas antigas e a súa recreación moderna en restaurantes de Compostela, contos ao redor da lareira, espectáculos narrativos e obradoiros didácticos… ¡Un pecado perdela!

Pola miña parte, só podo dicir que foi un luxo participar, de forma moi tanxencial, na creación de ‘Ao pé do lar’.  Certo é que non foi nada difícil deixarse levar polo entusiasmo de Gago e Sole, porque se algo destaca, máis alá da gran calidade do traballo, é o inmenso cariño pola nosa cultura e o respeto pola nosa xente. Proxectos como este  ou o impresionante  ’Eufalo.tv‘ -co que comparte moito máis do que aparenta- son os que nos permiten manter vivo o lume do lar.

.

Outra crónicas en Capítulo 0, La caja de los hilos,Colineta e Pantagruel, supongo.

.

Fotografías: Soledad Felloza – Maribel Ruiz de Erenchun
Infografías: Silvia Canabal – Xoán Castro

Etiquetas: , , ,

This entry was posted by Xoán on Domingo, Febreiro 7th, 2010 at 14:15 and is filed under Arte, Cultura, Futuro, Gusto, Imaxe, Oído, Olfato, Pasado, Portada, Presente, Tacto, Vista, Zeitgeist. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

¿Que opinas?

Creative Commons License
Crónicas de Oz ten unha licenza Creative Commons Attribution 3.0.
Baseado no tema Goodstream para Wordpress