Momentos inolvidables no Metro de París

Liña 14 do metro. Estación Chatêlet. Dirección Saint-Lazare.
Un músico sube ao vagón coa súa tuba.
Rematada a xornada do Japon Expo, o tren está cheo de visitantes cos seus traxes cosplay.
O músico abre moito os ollos cunha clara expresión de “Mon Dieu” tatuada na cara.
Reacciona rápido, e comeza a tocar… ¡a marcha imperial de Star Wars!
O vagón rompe a aplaudir.
O músico fai o seu agosto a 2 de xullo.
Fai calor, pero a xente sorrí.

Etiquetas: ,

This entry was posted by Xoán on Sábado, Xullo 3rd, 2010 at 01:30 and is filed under Arte, Oído, Presente. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

¿Que opinas?

Creative Commons License
Crónicas de Oz ten unha licenza Creative Commons Attribution 3.0.
Baseado no tema Goodstream para Wordpress