Rue Montorgueil

Estiven varias semanas con esa agobiante sensación de «espinilla mental», de cando tés un recordo na puta da neurona pero non consegue saír.  Cada vez que me tocaba cruzar pola Rue Montorgueil chegabame esa concentrada tortura china «¿Pero de que carallo me sona tanto esta rúa?» Alguén me lembrou a Maison Stohrer, unha das máis famosas pastelerías de París, inaugurada en 1730.  »Seguro que é por l’ Escargot«, dime un sibarita, en referencia ao restaurante fundado en 1875.

Ata que finalmente chega un día a epifanía. ¡Cona, pero como non caín antes!

Efectivamente, é a rúa onde se gravou o videoclip do dúo francés de Make the girl dance. Un vídeo que, máis alá do desfrute sensorial, me segue intrigando tanto como día que o vin por primeira vez ¿Un dúo de tres? ¿Por que está rodado en espello? (mirade as tendas) ¿Por que os parisinos apenas se fixan en tres tías en bolas e, o que é máis intrigante, non pitan os coches?

Polo demáis, a Rue Montorgueil pasa por ser unha das zonas máis chic do París actual, xa podedes intuír que iso significa que pode molar moito ou ser simplemente insufrible, dependendo da perspectiva, do momento do día ou do humor de cada un. Nos últimos anos houbo unha forte revalorización que convertiu a esta rúa nun obxectivo preferencial para montar un negocio à la mode de forma que locais de roupa, restaurantes ou pubs, todo moi ‘pos-mod’, superpoblan as dúas beiras destes 400 metros case completamente peatonais. A soa visión dos prezos dos alugueres de pisos é capaz de provocar nefrites.

Recentemente estiven comendo un sushi-fushion do que teño pendente falar, nun local un pouco psicodélico (Barrock’n Roll defínense eles). Non era nada doutro mundo pero cun prezo moi razoable, pero alí probei por primeira vez o Sushi de Nutella. Crédeme, un descubrimento enorme.

En fin estaremos atentos por se a alguén lle da por facer un remake do videoclip :)

Post-Mortem: Furando no tema, resulta que Make the girl dance ten novo videoclip. Por suposto co mesmo tufo pijo-gamberrilloque que tanto parece molar neste momentos por Francia.

Etiquetas: , ,

This entry was posted by Xoán on Sábado, Marzo 13th, 2010 at 02:48 and is filed under Música, Oído. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can skip to the end and leave a response. Pinging is currently not allowed.

2 comentarios

  1. presta o video!
    mais si que miran para elas, Non as increpan ( que son xente civilizada) pero mirar ben que miran

  2. Xoán di:

    Non descartes que estean pensando «Que descaro! Saír á rúa sen nada de roupa francesa!» :P

¿Que opinas?

Creative Commons License
Crónicas de Oz ten unha licenza Creative Commons Attribution 3.0.
Baseado no tema Goodstream para Wordpress