Que a Big Mac caia sobre as nosas cabezas

Despois de ter resistido as acometidas das lexións romanas, ¿terán conquistado os americanos o irreductible poboado galo? ¿Cambian o xabarín e a cervexa por unha BigMac con Coca Cola? Algúns pregúntanse en Francia se a nova campaña de McDonalds é a última traizón a un legado xa moi pervertido. “¿É que o ceo caeu sobre Uderzo? ¿Qué será o próximo, Idéfix anunciando Dog Chow?” Pregúntanse indignados en blogs e redes sociais.
No fondo, non deixa de ser orgullo patrio ferido. A doble lectura interesada deixou sempre a Asterix como un símbolo da ‘Resistance’ francesa ante o imperio yanki. Pero ante todo, moita calma, non é máis que un campaña publicitaria, outra máis. Seguro que o mito sobrevivirá ao índice BigMac e a uns últimos anos erráticos máis pendentes de pelexas entre herdeiros e editores que da creación artística. ¡Por Tutatis! “Vanitas vanitatum et omnia vanitas…»






