Crónicas de Oz » Diñeiro

A Sarkozy cáelle un puro
Non é o mellor verán para Sarkozy.  Se xuño remataba co ridículo deportivo e político do Mundial de fútbol e coa maior folga xeral dos últimos meses, xullo non trouxo a calma estival. O primeiro domingo do mes deixa as dimisións políticas de máis alto nivel da última década, coa renuncia de dous secretarios de Estado, cargos que en Francia son membros do goberno con carteira propia e participan no consello de ministros.

Os dous levaban meses na corda frouxa polas investigacións do mítico “Le Canard Enchaîné” sobre o seu exclusivo tren de vida. O primeiro escándalo para Alain Joyandet, secretario de Estado de Cooperación, foi a publicación do aluguer dun avión privado con case 120.000 de diñeiro público, seguido do uso persoal de varias vivendas de titularidade estatal. O último (de momento), un dubidoso permiso para ampliar unha vivenda en Saint-Tropez.

Máis chamativo aínda é o caso de Christian Blanc, secretario de Estado para o desenvolvemento da Cidade Capital (moito habería que escribir en Francia sobre estrutura do goberno e os seus interminables departamentos)  que dimite dez días despois de publicarse que usou 12.000 euros de fondos públicos para comprar puros cubanos. Na súa defensa, o anterior conselleiro delegado de Air-France e da rede de transportes públicos de París rebaixaba a cifra “a só 4.500 euros” (!) e falaba de “pequena neglixencia”. Este caso obrigaba a Sarkozy, acosado polas constantes filtracións de corruptelas do seu goberno, a anunciar unha reforma ministerial… ¡para outubro!

O caso L’Oréal: sexo, mentiras e evasión fiscal

Chove sobre mollado, pois a maior presión sitúase sobre outro caso. Trátase do “escándalo L’Oréal”, ou como o actual ministro de Traballo -e ex ministro de Finanzas-  Eric Woerth, puido encubrir a evasión fiscal da nonaxenaria de Lilliane Bettencourt, a segunda maior fortuna do país e herdeira do imperio dos cosméticos. Todo isto, mentres Bettencourt mantén á muller de Woerth como asesora financeira e ve como a súa filla insiste para súa incapacitación xudicial para que deixe de dilapidar a fortuna co seu mozo, tres décadas menor ca ela. Vamos, un vodevil á francesa que fai as delicias ao mesmo tempo da prensa rosa e da salmón.

Non está claro ata cando poderá Sarkozy manter no seu cargo a Woerth, embarcado en plena reforma laboral. O hiperpresidente, que comezou a súa carreira no Elíseo acaparando todos os asuntos relevantes paga agora o violento prezo do monopolio dos focos. ¿Non era el o alpha et omega de toda acción do goberno? ¿Ata onde chega a súa responsabilidade na tutela dos ‘mini-ministros’? Neste escenario de escándalos e parálise do país, coas prometidas reformas atrofiadas dende hai 3 anos, non está claro que Sarkozy vaia esgotar a lexislatura, moito menos que sexa candidato á reelección. Os socialistas, mentres, afían coitelos. A sorte para a Dereita é que antes teñen que usalos entre eles.

VIF (Very Important Friki)
Acreditación VIP para asistir á Japan Expo e a Comic-Con de París. Xa contarei experiencias máis polo míudo e publicarei algún álbum de fotos. De momento, a miña carreira friki alcanzou o seu cumio. Creo que despois disto me podo retirar…

Política bipolar
Outra xenial viñeta de Martin Vidberg no seu ‘L’actu en patates’.  Incumbe a Francia e a Sarkozy, pero coa que está caendo, é perfectamente extrapolable ao caso español e a ZP.

Políticas anticrise explicadas aos rapaces

Fase 1: Relanzamento

Fase 2: Rigor

O polo (con patacas fritas) máis caro do mundo
Visto nunha brasserie do Quai Branly, a 600 metros da Tour Eiffel.

Un monopolio francés (e o doutor Guillotin)
Exemplo de cómo funciona  o servizo 24 horas de EDF, o monopolio estatal francés de electricidade:

Chamas un venres á tarde, cun problema gordo. Din que chamarán ao longo da noite para darche unha cita para o día seguinte.

Non chaman.

Ao día seguinte, insistes e consegues cita para mércores, “de 7h a 16h30”.

Luns chaman para confirmar a cita do mércores, “de 7h a 16h30”.

Mércores esperas, “de 7h a 16h30”. Ás 18h chamas e un señor, borde, diche que esa cita foi anulada polo propio usuario (enténdase “eu”), posto que o problema “xa estaba solucionado dende o venres” (WTF!).

Ás 21h consigues que se comprometan a enviar a un técnico en ”20-30 minutos”.

Ás 01h10, o técnico despértache para dicir que chega en media hora.

Ás 04h, e despois de solucionar o problema en 5 minutos e que volvan funcionar luz, cociña, neveira, calentador de auga e estufa (fóra hai -7º), ese señor, que hai 30 anos estaría facendo de policía torpe e fondón nunha película de Luis de Funès diche, cheo de razón, “¿E logo isto non podía esperar a mañán?”

Ese é o instante exacto no que comprendes que o Doutor Guillotin foi maltratado pola Historia.