Crónicas de Oz » Zeitgeist

Paul e o sentido da vida
O pulpo Paul sabe que o sentido da Vida é…

Por suposto, Douglas Adams estaba no certo.

O psicodrama ‘bleu’
“Non entendo por que Francia perde no Mundial. ¡Pero se están xogando na casa!»

Deixei de tomarme o fútbol como un simple pasatempo “opio do pobo” despois da clase maxistral que Paul Auster ofreceu hai nove anos en Compostela. Viña Auster a recoller o Premio Juan de San Clemente que por aquel entón xa se consolidaba como unha das grandes citas literarias galegas -nos anos anteriores pasaran por alí Saramago, Vargas-Llosa ou Jostein Gaarder- e tiven a enorme fortuna de participar no xurado e nos actos de entrega e o luxo de poder entrevistalo.

Na cea posterior á entrega de premios, Auster convidaba a os estudantes do xurado a que non desprezáramos  o valor  sociolóxico dos grandes acontecementos deportivos. “Os europeos fostes capaces de canalizar os vosos odios nacionais cara ao deporte. Xa non facedes a guerra entre vós, xogades o fútbol. Iso é bo.” Aquel día cumpríase un mes dos atentados do 11-S e Auster, conmovido aínda pola perda de dous amigos, bombeiros falecidos no asalto suicida ao World Trade Center, non deixou pasar unha crítica á vea egocéntrica do seu país. Falaba do Mundial de fútbol, de como máis aló do simple deporte ou do negocio, o fútbol é capaz de paralizar o corazón do cinco continentes e de como se contempla con desprezo desde os Estados Unidos, asentados na comodidade das súas propias ligas nacionais de baloncesto, hockey ou football. Para que mirar ao mundo podendo conformarse con mirarse o embigo?  “Iso tamén quere dicir algo”, repetía.

Rescato este recordo a conto do vodevil que Francia vive estes días co seu Mundial horribilis. Máis aló do deplorable aspecto deportivo, a historia de Francia neste Mundial leva meses escribíndose con tinta rosa sobre papel amarelo: un seleccionador esquizofrénico e paródico cruzamento de Calígula e Groucho Marx, trampas mal disimuladas (o pecado orixinal da man de Henry na clasificación ante Irlanda), corruptelas na federación, escándalos por prostitución con menores e polo luxo que rodea á concentración nestes tempos de crises, insultos e agresións entre xogadores e corpo técnico…

Neste esceario, a eliminación non é máis que un epílogo anecdótico e lóxico, precedido por unha ameaza de folga dos xogadores provocada pola expulsión de Anelka. Este plante tería sido seguramente o episodio menos sorprendente deste esperpento, pois os futbolistas eran dos poucos franceses que non se sumaran aínda á folga xeral-descontinua que invade o país nos últimos meses. Como din por aquí, “algún día Francia dominará o mundo, pero non será mañá, hai folga”.

¿Como asumen os franceses todo este espectáculo? Máis aló de ir ao quiosco a comprar L’Équipe como quen vai a pola Cuore ou o ¡Qué me dices?, o francés medio vive o esperpento mundialista coa naturalidade do psicodrama propio. A frase que encabeza o post é un chiste recorrente estes días en París en referencia á alta presenza de franceses de segunda xeración que afunden as súas raíces na emigración ou nas ex colonias africanas.

Pero se é verdade que no partido contra México había oito xogadores de orixe estranxeira, non o é menos que na final do Mundial 98 xogaron sete coas mesmas raíces, incluídos os heroes nacionais Zidane, Thuram, Vieira ou Dessailly. Os «bleus», que hai unha década eran un magnífico exemplo do modelo de integración e diversidade étnica francés, convértense hoxe no síntoma da descomposición dun país en plena crise económica, moral e identitaria. Ante México, a esquizofrenia chegaba ao punto de celebrar nos bares os córneres coma se fosen penaltis no minuto 90 e, no tope do esperpento algún arrincou coa Marsellesa cando Cuauhtemoc  Branco sentenciaba o partido para México. No último partido foi posible saber cando marcaba Sudáfrica polos cánticos de xúbilo.

Haberá quen vexa esaxerado extrapolar o fracaso deportivo de 20 precoces multimillonarios malcriados á situación de todo un país.  Pero parafraseando daquela maneira a Churchill “poucas veces tan poucos dixeron tanto de tantos”. Algo ten que ver esa selección chea de negros renegada polos franceses ‘tradicionais’  con esa Marsellesa pitada en Saint-Denis polos franceses fillos de alxerianos e marroquís. Algo ten que ver esa desafección cara a un dos escasos símbolos modernos da ‘Grandeur’ co debate sobre a identidade nacional impulsado por Sarkozy hai un ano e que acabou encallando nas rías da ambigüidade. Por que identidade nacional cando as palabras que queremos usar realmente son Islam, burka, negros ou moros?

Lamenta Lilian Thuram, un deses ‘heroes do 98’, impulsor dunha importante fundación de educación contra o racismo e raro caso de futbolista intelectual, que o alto número de deportistas negros e a súa escasa presenza nas esferas de poder e decisión -política, xustiza, consellos empresariais…- perpetúa o estereotipo do negro atleta pero de escaso cerebro. Negros franceses que, ademais, só xogan en casa cando se largan a África. Lembrando a Auster, iso tamén quere dicir algo, pero esta vez non é nada bo.

Fotos: Wikipedia, FFF, Lilian Thuram Foundation

La tetera de Russell y el Santo Grial
- ¿Conoces el argumento de la tetera de Russell?

- No , ¿de qué va?

- Es una argumentación que viene a decir que no es a los ateos a quien les corresponde demostrar a los creyentes la inexistencia del Dios, sino a la inversa.

- ¿Y cómo es?

- Te leo de la Wikipedia:

«Si yo sugiriera que entre la Tierra y Marte hay una tetera de porcelana que gira alrededor del Sol en una órbita elíptica, nadie podría refutar mi aseveración, siempre que me cuidara de añadir que la tetera es demasiado pequeña como para ser vista aún por los telescopios más potentes. Pero si yo dijera que, puesto que mi aseveración no puede ser refutada, dudar de ella es de una presuntuosidad intolerable por parte de la razón humana, se pensaría con toda razón que estoy diciendo tonterías.

Sin embargo, si la existencia de tal tetera se afirmara en libros antiguos, si se enseñara cada domingo como verdad sagrada, si se instalara en la mente de los niños en la escuela, la vacilación para creer en su existencia sería un signo de excentricidad, y quien dudara merecería la atención de un psiquiatra en un tiempo iluminado, o la del inquisidor en tiempos anteriores«

¿Qué te parece?

- Bien…

(silencio)

…Oye…

- ¿Sí?

- Hablabas del Santo Grial, ¿no?

Adeus ao sinal de Nouvel
Hai un par de anos escribía no Galiciae que o seu proxecto para La Défense, o distrito financeiro de París, se impoñía aos de Libeskind, Wilmotte, Ferrier e, moi especialmente, á ‘baguette’ de Norman Foster.

Todo iso queda agora en nada, despois de que o propio Nouvel anunciara hai uns días no MIPIM de Cannes que non conseguiu a financiación necesaria para levantar a Tour Signal. Despois de que se caera do proxecto o grupo español Medea, principal socio de Nouvel nesta aventura, o francés buscou a solución en Qatar e Kuwait, sen éxito.

A Tour Signal ía ser o gran emblema da renovación de La Défense, un proxecto lanzado por Sarkozy no 2006, cando aínda era ministro, e que quería ser o rostro ecolóxico e ‘amable’ do barrio máis capitalista de París. Curioso que a súa caída coincida coa derrota da Dereita nas eleccións rexionais e co consecuente abandono do discurso máis verde de Sarkozy que non foi capaz de rentabilizar ante o seu eleitorado máis tradicional.

Dous apuntes colaterais a esta noticia:

(I) ¡Moito me gustan os proxectos ‘malditos’ de Nouvel! Esta cancelación da Tour Signal lembroume a reportaxe de Arturo Losada que saiu precisamente o día no que nacía Galiciae, e que analizaba os proxectos descartados para a Cidade da Cultura. O seu ‘Raio de Luz‘ que atravesaba o Gaiás foi sempre o meu preferido. A favor de Einsseinman hai que dicir que a súa maqueta era a máis impresionante…

(II) Xa que falo do MIPIM, un colega que puido ir a esta importante feira inmobiliaria coméntame que a recuperación se ve aínda moi lonxe para o sector español. Pouco cava ou champagne nos stands das empresas e institucións do país, ao contrario do que ocorría nos dos seus veciños europeos e árabes. Outro mal sinal.

Resurrección do Socialismo francés: ¿Fénix ou zombi?
Como indicaban todas as sondaxes, os socialistas conseguiron vencer con autoridade na primeira volta das eleccións rexionais francesas. A Esquerda queda nunha moi boa posición para revalidadar maioría nas 24 rexións que dominan actualmente, ben cos socialistas en solitario, ben co apoio dos verdes ‘Europe et Écologie’ ou co  Front de Gauche.  Incluso é posible que consiga facerse coas dúas que lle faltan no seu Risk particular, Córcega e Alsacia.

A análise en quente que fan os medios de aquí sinala unha impresionante resurrección socialista despois de que nos últimos anos este partido fora o máis parecido a un polo sen cabeza, zombie e neurasténico e coloca ao PSF nunha boa posición de saída para a longa precampaña que se aveciña de cara as Presidenciais e Xerais do 2012.

Sen dúbida o resultado supón un importante toque de atención para a UMP de Sarkozy que seguramente se vexa obrigado nos próximos días a provocar unha crise de goberno, por moito que a Dereita insista en que non se trataba dun plesbicito nacional e que isto foi unha  “(nova) vitoria da abstención” (o cal non non deixa de ser moi preocupante cando levas gobernando máis de 15 anos).

Aínda así, segue sen quedar moi claro se falamos da resurrección da Ave Fénix ou do enésimo estertor dos socialistas franceses, un nosferatu que ata o momento non parecía saber como atopar o seu lugar na Francia do S.XXI. Algúns datos:

- A Esquerda xa dominaba 24 das 26 rexións.  Todo o que non fose repetir suporía perder algúns dos escasos bastións de poder que lle quedan fronte a Dereita que domina Elíseo e Asamblea Nacional.

- As Rexionais son o patiño feo do mapa electoral francés. Se cadra non chegan á desafección das Europeas, pero a baixísima participación (48%) non lle anda moi lonxe. Non axuda o escaso nivel de competencias que o Estado centralizado deixa para as rexións que provoca unha gran distancia cos cidadáns. O equivalente ao CIS francés afirmaba recentemente que só 1 de cada 4 franceses sabe quen é o seu presidente rexional, un cargo pouco máis que representativo que adoita combinarse con outro de máis relevancia executiva (deputado, senador, alcalde…).

- Non queda claro se este resultado responde á permanencia do ‘statu quo’ anterior, a un castigo a Sarkozy ou a un voto de confianza para os socialistas, que seguen sen ter unha estratexia definida a nivel nacional. ¿Achegarse ao Centro ou orientarse máis á Esquerda? Nese sentido a necesidade de pactar cos Verdes e coa Fronte de Esquerda de cara a 2ª volta pode axudarlles a definirse.

En todo caso, o resultado dos socialistas axudará a tranquilizar as augas un tempo, polo menos ata que se reabra a guerra polo liderado que terá o seu rubicón na elección do candidato presidencial . A loita pode ser un man entre a actual secretaria xeral Madeleine Aubry e a ex candidata Segolène Royal, co outsider Dominique Strauss-Khan afíando cuchillos dende o trono de ferro do FMI.

Iso si, as eleccións deixan un dato para a incomodidade do establishment. O retorno do Front National (10% no país, con puntas do 19% nalgunhas rexións) evidencia a a desconfianza nos partidos maioritarios. A formación de extrema dereita,  agora en mans da filla de Jean Marie Le Pen, Marine, ameaza con volver a dar un susto no 2012 como xa fixera no 2002, cando conseguiu colarse na 2ª volta das presidenciais.

Nicolas Sarkozy, Segolène Royal e Marine Le Pen, algúns dos rostros da primeira volta das eleccións rexionais francesas (Fotos: Le Monde)

Pataca míuda
Hai uns días celebrouse en París o Salón da Agricultura, algo así como a Semana Verde de Silleda para Asterix & Cia. Como inventores da grandeur, aos franceses gústalles crer que todo o teñen máis grande (e cando é evidente que iso é imposible, tentan compensalo con outro dos seus inventos, o glamour). Bueno, pois isto non son apareciencias. Este salón é realmente bestia: 10 días de duración, 220.000 metros cadrados, máis de 700.000 visitantes, 1.000 expositores diferentes…

Por moito que insistan en que as feiras están en franca decadencia dende hai anos (crise, videoconferencias, negocios en tempo real…) o universo que se respira nel segue a ser fascinante. Como en calquera actividade gremial, hai códigos e linguaxes internos, correntes telúricas entre os compradores e vendedores, exportadores e distribuidores, profesionais e simples e visitantes que conecta con algo moi profundo dentro do noso ADN social. Por moita Posmodernidade e Hiperrealidade da que queiramos presumir, dáche a sensación de que poderías escarbar unhas capas e rescatar a época primixenia do comercio, onde un apretón de mans era toda a firma necesaria (a menos que quixeras prescindir desa man ou dalgunha extremidade, claro).

Apenas levo dous meses como ‘soldado exterior do Imperio Galaico (división Igape)’ , así que sigo sentíndome un pouco como os animais desta viñeta do ilustrador de Le Monde Martin Vidberg. Aproveito para recomendar o seu xenial blog «L’actu en patates«, imprescindible a pouco que vos interese algo a actualidade francesa.

A edición deste ano do Salón estivo marcada pola evidente Guerra Fría latente entre Sarkozy e os agricultores, algo que non carece de importancia  ás portas das eleccións rexionais que non pintan para ben para o hiperpresidente. Ausente na inauguración, non foi ata os últimos días cando se deixou caer por alí.  A prensa rumoreaba que aproveitaría para presentar un ambicioso plan para o sector agrícola, pero se foi así, ninguén se enterou.  Foi curioso ver a Jacques Chirac -que acabou o seu período presidencial coa popularidade moi tocada- coreado polos agricultores que lle pedían volver ao primeiro plano da Política. Xa o di o refrán «Outros virán…»

Viñetas:  ‘L’actu en patates’ (Martin Vidberg)

A lóxica de ser masón en Francia
Francia é un paraíso para os masóns, iso sábeo calquera.  Polo menos, calquera que entenda un pouco convencións narrativas sobre tópicos internacionais  e que saiba que o traxe típico de masón non se compón de túnica larga con estrelas e cartabóns de purpurina nin capucha con forma de pato, senón de boina, baguette baixo o brazo e eterno xesto asexante con ollos entornados. Se o xesto vai acompañado dun lixeiro gruñido, non o dubides, estás ante un Gran Mestre de Oriente recitando algún rito iluminador.

A masonería afunde as súas raíces no país de Voltaire , Miterrand e Platini, ata o punto de deberlle a súa propia etimoloxía. Franc-maçon significa albanel. O que quedou é o de «Maçon»; o de «franco» quedouse polo camiño (maldito euro) e se poden vanche cobrar sen  factura. O que non sabe todo o mundo é que a Gran Loxia de Francia sufriu un cisma no s.XIX, dividíndose en dúas ramas. Unha é a encargada de manter viva as apariencias, cos membros reuníndose para xogar o bridge ou o tute francés en selectos clubes masculinos iluminados á luz de candís, con amenazadoras cabezas de cabra penduradas das paredes e envoltos na banda sonora de ‘Eyes wide shut’.  Persoalmente, paréceme que algo do segredo encanto da masonería se perdeu cando decidiron saltar ao  ao hiperespacio, pero en fin, os tempos cambian.

A segunda rama prefire vivir oculta na clandestinidade, accesible só mediante escuras invocacións, pero son os que moven realmente o cotarro.  Polo que me comentan persoas que teñen máis experiencia nisto de ser francés, só chegas a coñecelos cando tés que facer unha obra na casa, pero pobre de ti se os necesitas con urxencia para arreglar un muro de carga.  Unha terceira rama apócrifa e máis evolucionada aínda son os iluminados de EDF, o monopolio francés de electricidade, dos que xa temos falado aquí.

Non vos deixedes engañar polas convencións narrativas sobre tópicos internacionais. Os franceses viven o seu estado de masonería con plena naturalidade, sen necesidade de sangue sintético, esconderse da luz do Sol ou rezar en segredo mirando cara a Pirámide do Louvre. Ser masón é un síntoma de grandeur que  se leva con moderado orgullo chauvinista. Existe incluso prensa especializada, como podedes ver nesta fotografía dun quiosco  da rue Sainte-Anne (entre o Louvre e a Opera Garnier) onde xunto a FHM e Le Nouvel Observateur temos un exemplar do nº3 de Franc Maçonnerie.

Quedeime coas ganas de saber máis sobre «Os ditadores que boicotearon a masonería» ou «A represión de Vichy: os masóns durante a Resistencia», pero chegaba tarde ao traballo e cando ao día seguinte volvín pasar por diante do quiosco, Franc Maçonnerie xa fora substituida pola revista Polka.

Do metro de París ata a Estrella da Morte
Hurbert de Lartigue é un frikazo que con toda a paciencia do mundo foi quen de recrear o famoso X-Wing de Star Wars cun billetes de metro de París, toda unha pequena obra mestra digna de varias estrelas na escala  ‘Mwahahaha!‘, sobre todo se sumamos que na ecuación tamén se suna o número áureo, outro ‘sospeitoso habitual’ do mundo geek. Con razón pode estar orgulloso do resultado (aínda que se pasa un chisco de entusiasmo):

«Teño a impresión de ter feito unha pequena obra de arte, de feito téñome preguntado se os billetes de metro non terían sido deseñados para que me poidera servir deles no meu traballo. As súas proporcións e incluso o seu deseño participan na obra. En definitiva, redescubín o número aúreo nun billete de metro. Sen coñas, creo que hai aquí un gran misterio…» (Hubert De Lartigue)

Na súa web de pódese ver un tutorial de como completou a súa obra. No meu caso, teño un certo síndrome de Dióxenes billetísicto, e sempre me da cousa tiralos despois de usalos así que supoño que seguirán acumulándose no peto da chaqueta ou dos pantalóns infinitamente. Ou se cadra, anímome este verán a montar unha Estrela da Morte papirofléxica..

Vía: Gizmodo ES

Web: Hubert De Lartigue

O Panteón esquizofrénico
O Panteón vén sendo a Colexiata de Sar de París. Sería o orgullo de calquera cidade ou vila, pero ten que vivir á sombra doutros como o Obradoiro ou, neste caso, a Tour Eiffel, Notre Dame ou o Sacré Coeur. Hoxe o Panteón é un sitio reservado para incondicionais, frikis da ‘grandeur’ ou turistas despistados  que chegan case por casualidade. E sen embargo, en poucos lugares se respira mellor a contradicción histórica e traxicómica que percorre as veas dos franceses.

Porque para empezar, que é isto, ¿un mausoleo ou unha igrexa? A primeira opción deféndese con orgullo dende a inscripción do frontón (“Aos grandes homes a Patria quere lembralos”) ata a cripta onde descansa a “crême de la crême” racionalista do país: Voltaire, Rousseau, Dumas, Victor Hugo, Marie e Pierre Curie…). Pero todo isto, enmarcado nunha chusca pranta de cruz grega edificada orixinariamente na honra de Santa Xenovena que excitaría a calquera pope ortodoxo.

Esta esquizofrenia identitaria respírase en todo edificio. Os frescos ilustran os grandes mitos político-relixiosos da Francia medieval (Cleodoveo, Carlomagno, Juana de Arco…), enfrentadas ás esculturas que lembran o orgullo belicista da modernidade laica. O colmo chega co conxunto da Convención nacional, representación de deputados e exército honrando á República revolucionaria e atea… ¡baixo a mirada de Cristo, a Virxe, e o Arcanxo Gabriel! E para rematar toda esta esquizofrenia, o péndulo de Foucault, demostración empírica da rotación terrestre, oscila suspendido dende o oco destinado ás reliquias da patroa de París.

¿Como chegou este antigo templo protocristián remodelado a acoller os restos de escritores, políticos e científicos franceses? O seu sentido definitivo chegou coa morte de Victor Hugo (1889) pero un século antes, Luis XV decidira levantar un novo templo na honra de Xenoneva despois de pasar unha mala gripe que case o leva para o outro barrio. As obras alargáronse máis da conta e tiveron a mala sorte de chocar coa realidade da Revolución, pouco dada a sentimentalismos relixiosos. “¿Qué carallo facemos agora con esta Cidade da Cultura Igrexa a medio rematar e chimpada no monte?

Malia que algúns querían botala abaixo, finalmente redefiniuse o seu plantexamento inicial Así comezou a albergar os ilustres defuntos da Revolución («relixión non, mausoleo si») co problema engadido de que os vencedores non tiñan ben definido aínda o libro de estilo da Historia. Resultado: Voltaire e Mirabeau estrenarán o Panteón, pero este último aguantará  pouco tras ser acusado de traizón á patria. Marat entrou no seu lugar como “amigo do Pobo” pero sairía coas patas por diante meses despois, tamén  acusado de conspiración, xusto despois de que Rousseau sexa colocado, ironías do destino, fronte ao seu archienemigo Voltaire.

Finalmente, cansos de tanto desfile de ida e volta, algún sabio propuxo negar o acceso a todo aquel que levara menos de 10 anos no reino dos mortos. A imortalidade sempre necesitou de certa perspectiva histórica. Que tomen nota aqueles que piden un cambio para o Panteón das Letras galegas…

Post-Mortem I:  Queda pendente outro post sobre o péndulo de Foucault que foi instalado aquí por primeira vez. A bola orixinal está agora no Museo das Artes e das Ciencias pero no Panteón segue habendo unha reconstrucción, en reformas ata o mes de marzo.

Post-Mortem II:Non me digades que non hai certa Xustiza histórica no feito de que finalmente, Marie Curie quede eternamente por riba do lacazán do seu marido Pierre.

Pactos de sangue
Quen vende a lingua nun pacto co Demo, queda sen ela para cando teña que gritar auxilio.