Crónicas de Oz » Gusto

Que a Big Mac caia sobre as nosas cabezas
Despois de ter resistido as acometidas das lexións romanas, ¿terán conquistado os americanos o irreductible poboado galo? ¿Cambian o xabarín e a cervexa por unha BigMac con Coca Cola? Algúns pregúntanse en Francia se a nova campaña de McDonalds é a última traizón a un legado xa moi pervertido. “¿É que o ceo caeu sobre Uderzo? ¿Qué será o próximo, Idéfix anunciando Dog Chow?” Pregúntanse indignados en blogs e redes sociais.

No fondo, non deixa de ser orgullo patrio ferido. A doble lectura interesada deixou sempre a Asterix como un símbolo da ‘Resistance’ francesa ante o imperio yanki. Pero ante todo, moita calma, non é máis que un campaña publicitaria, outra máis. Seguro que o mito sobrevivirá ao índice BigMac e a uns últimos anos erráticos máis pendentes de pelexas entre herdeiros e editores que da creación artística. ¡Por Tutatis! “Vanitas vanitatum et omnia vanitas…»

Canícula, ¡yo te maldigo! (I)
Temperatura : 37ºC. Non é a temporal, é a exterior (á sombra). Por se alguén o dubidaba, o verán chegou a París e faino en grata compañía da humidade, superior ao 55%. O aire acondicionado da oficina, en cambio, faise o remolón. Todo sexa para comprobar os beneficios da sauna no lugar do traballo. Viva a cultura nórdica.

E aparcado o culebrón mundialesco da Selección francesa, do que falabamos hai uns días -polo menos ata outono, cando o goberno convocará ¡os Estados Xerais do fútbol!- os medios de comunicación franceses deciden cambiar de rexistro e falar do que lles interesa realmente interesa aos franceses. ¿Reformas laborais? Non. ¿Escándalos de corrupción no goberno? Non.

¿Outra nova folga que empalme coa anterior? Pois non. O que de verdade interesa aos franceses é o calor.

Non falta xornal, radio ou televisión que non anime a súa portada con algún alegre cidadán que busca fuxir do mercurio buscando un ángulo morto no texido de Matrix: fontes públicas, abrevadoiros e incluso vías antiincendios en principio reservadas aos bombeiros.

Sumádelle a iso a peza sobre como torean os maiores a ola de calor e a inevitable sección de “vencedores de…” que non pode faltar en ningunha crise ¿Quen se aproveita do calor? Comerciais de climatizadores e aire acondicionado, carros dos xeados, vendedores ambulantes de auga. Se non fose polo inconfundible acento francés, xuraría que son os mesmos que saen cada ano en Telecinco, El Mundo ou a Cadena Ser. Un mediático día da marmota recalentado que non entende de lingua nin fronteiras. Malditos cabróns perdonavidas. A ver que tal vos iba se tivera comigo o iglú portátil…

Pero se algo me jodeu desta canícula capaz de poñerte a 30º un venres ás 10h30, é o asasinato a sangue ¿frío? do maior pastel do mundo. Entereime hai apenas unhas horas do levantamento da “Tour sans faim” (a torre sen fame, xogo de palabras homófono con “tour sans fin”), un monumento gastronómico de máis de 8 metros levantado na Cidade da Arquitectura e do Patrimonio de París. Pero antes mesmo de buscarlle un oco culinario na axenda, o calor e a humidade (cómplice do carallo) xa se aliaran para convertela nunha precaria torre de Pisa.

Os seus creadores, o cociñeiro Gilles Stassart e o arquitecto Jean Bocabeille víronse obrigados a darlle a eutanasia antes os evidente signos de ditalación que amenazaban con sepultar a gula dalgún visitante baixo algunha tonelada de azúcar e fariña. A experiencia culinaria, que tiña que durar catro días, apenas aguantou unhas horas. ¡Canícula, yo te maldigo!

Post-Mortem: Non me preguntedes como carallo se come ese pastel…

O polo (con patacas fritas) máis caro do mundo
Visto nunha brasserie do Quai Branly, a 600 metros da Tour Eiffel.

Pataca míuda
Hai uns días celebrouse en París o Salón da Agricultura, algo así como a Semana Verde de Silleda para Asterix & Cia. Como inventores da grandeur, aos franceses gústalles crer que todo o teñen máis grande (e cando é evidente que iso é imposible, tentan compensalo con outro dos seus inventos, o glamour). Bueno, pois isto non son apareciencias. Este salón é realmente bestia: 10 días de duración, 220.000 metros cadrados, máis de 700.000 visitantes, 1.000 expositores diferentes…

Por moito que insistan en que as feiras están en franca decadencia dende hai anos (crise, videoconferencias, negocios en tempo real…) o universo que se respira nel segue a ser fascinante. Como en calquera actividade gremial, hai códigos e linguaxes internos, correntes telúricas entre os compradores e vendedores, exportadores e distribuidores, profesionais e simples e visitantes que conecta con algo moi profundo dentro do noso ADN social. Por moita Posmodernidade e Hiperrealidade da que queiramos presumir, dáche a sensación de que poderías escarbar unhas capas e rescatar a época primixenia do comercio, onde un apretón de mans era toda a firma necesaria (a menos que quixeras prescindir desa man ou dalgunha extremidade, claro).

Apenas levo dous meses como ‘soldado exterior do Imperio Galaico (división Igape)’ , así que sigo sentíndome un pouco como os animais desta viñeta do ilustrador de Le Monde Martin Vidberg. Aproveito para recomendar o seu xenial blog «L’actu en patates«, imprescindible a pouco que vos interese algo a actualidade francesa.

A edición deste ano do Salón estivo marcada pola evidente Guerra Fría latente entre Sarkozy e os agricultores, algo que non carece de importancia  ás portas das eleccións rexionais que non pintan para ben para o hiperpresidente. Ausente na inauguración, non foi ata os últimos días cando se deixou caer por alí.  A prensa rumoreaba que aproveitaría para presentar un ambicioso plan para o sector agrícola, pero se foi así, ninguén se enterou.  Foi curioso ver a Jacques Chirac -que acabou o seu período presidencial coa popularidade moi tocada- coreado polos agricultores que lle pedían volver ao primeiro plano da Política. Xa o di o refrán «Outros virán…»

Viñetas:  ‘L’actu en patates’ (Martin Vidberg)

Memoria do presente
O pasado venres inaugúrouse no Museo do Pobo Galego ‘Ao pé do lar, memorias de cociña’, unha viaxe polos  2.000 anos da gastronomía galega e da cociña como espazo doméstico, que será unha das grandes actividades relacionadas co Fórum Gastronómico de Compostela.

Durante meses, un equipo capitaneado por Manolo Gago pateouse Galicia para rescatar do corazón das aldeas, das lareiras, dos mosteiros a  memoria viva do noso I+D gastronómico, de como naceu e se fixo forte unha das cadea que nos une ata hoxe como pobo.

O epicentro estará no Museo do Pobo Galego, coas fotos de Soledad Felloza e Maribel Ruiz de Erenchun,  pero a expo trascenderá de alí con actividades orixinais que Manolo Gago xa explica con detalle en Capítulo 0 e que podes consultar tamén na web. Receitas antigas e a súa recreación moderna en restaurantes de Compostela, contos ao redor da lareira, espectáculos narrativos e obradoiros didácticos… ¡Un pecado perdela!

Pola miña parte, só podo dicir que foi un luxo participar, de forma moi tanxencial, na creación de ‘Ao pé do lar’.  Certo é que non foi nada difícil deixarse levar polo entusiasmo de Gago e Sole, porque se algo destaca, máis alá da gran calidade do traballo, é o inmenso cariño pola nosa cultura e o respeto pola nosa xente. Proxectos como este  ou o impresionante  ’Eufalo.tv‘ -co que comparte moito máis do que aparenta- son os que nos permiten manter vivo o lume do lar.

Outra crónicas en Capítulo 0, La caja de los hilos,Colineta e Pantagruel, supongo.

Fotografías: Soledad Felloza – Maribel Ruiz de Erenchun

Infografías: Silvia Canabal – Xoán Castro